No medio dunha realidade complexa e dolorosa na que acompañamos a quenes máis sofren, a quenes necesitan recuperar dereitos e restaurar as súas vidas, estamos chamados a comunicar esperanza desde o amor cristián que dá sentido á nosa misión, para que todas as persoas vexan que é a forza do amor a que todo o cambia e transforma.
Desde ese amor que é don de Deus para toda a humanidade, e co lema “TI TES MOITO QUE VER. SOMOS OPORTUNIDADE. SOMOS ESPERANZA”, celebramos este ano o Día da Caridade, Día do Corpus Christi, co propósito de interpelar e convidar a tomar parte na vida social que compartimos crentes e non crentes, para abrir a nosa mente e reenfocar a mirada, para ver xuntos esoutra realidade do mundo da que formamos parte: a de moitas persoas que non poden acceder aos mesmos dereitos, os que viven en desvantaxe por moitas razóns, os que viven na tristeza, a soidade e a pobreza.
Celebrar o día de Caridade é participar no banquete do Reino, comulgar cos valores de Xesús e o seu estilo de vida, facernos pan e viño con el para dar vida en abundancia, entregala por amor, e facernos próximos, irmáns e irmás próximas, especialmente, dos que máis sofren.
Queremos animar e espertar a solidariedade e a compaixón que vive en cada persoa para que nos impliquemos e nos comprometamos cun estilo de vida que transforme o noso modelo de convivencia e o faga máis xusto, solidario e fraterno.
Actos en Mondoñedo-Ferrol
Con motivo da Semana da Caridade, desde Cáritas Mondoñedo-Ferrol organizáronse diversos actos, que comezarán o martes 6 coa presentación da Memoria 2022 da entidade. Farase a través dunha rolda de prensa (10:30 h.) no Centro de Día “Gabriel Vázquez Seijas” de Ferrol, na que están previstas as intervencións do bispo Fernando García Cadiñanos e a secretaria xeral, Marta Pazo. Na xornada de tarde (19:00 h.) a proposta xirará ao redor dunha palestra-coloquio, centrada no “Papel das administracións públicas e as entidades do terceiro sector na transformación social”. O acto desenvolverase na sede ferrolá de Afundación, coa intervencións do consultor social Fernando Fantova Azcoaga, e de Pedro Fuentes, membro do equipo de estudos de Cáritas Española.
Pola súa banda, o mércores 7, será As Pontes a localidade que acollerá o acto central, cun café-concerto solidario, a partir das 18:00 horas no Liceo. Contará coa colaboración especial da rondalla “Vila das Pontes” e do Concello de Vilalba. Ademais do café e a sesión musical, haberá unha exposición de sobremesas do mundo, repartirase un agasallo solidario e desenvolveranse xogos para os máis pequenos.
Na xornada matinal do sábado 10, os concellos de Ferrol e Narón serán punto de partida da II Camiñada Solidaria Inclusiva a favor de Cáritas, con saídas ás 11:00 horas desde a igrexa de San Nicolás de Neda e da Praza de Armas de Ferrol, confluíndo os dous roteiros na Praza de Galicia de Narón.
E xa o domingo 11, solemnidade do Corpus Christi-Día da Caridade, o bispo diocesano, monseñor Fernando García Cadiñanos, presidirá en Mondoñedo (catedral, 11:00 h.) e Ferrol (concatedral, 18:00 h.) a eucaristía e procesión solemne, que discorrerá polas principais rúas de ambas cidades.
DESCARGA: Mensaxe dos bispos na Festividade do Corpus Christi-Día da Caridade







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















