O pasado martes, os sacerdotes diocesanos tiveron un encontro sacerdotal no que trataron a figura do diaconado. Acompañoulles na súa reflexión Amancio Moure, diácono permanente que exerce o seu ministerio na diocese de Ourense. Está casado e traballa como profesor de Relixión. Achegámonos a el para coñecelo de preto e aproximarnos á figura do diácono permanente.
A figura do diácono pode resultar descoñecida para a maioría de nosa Iglesia. En poucas palabras, que é un diácono permanente?
É unha persoa que recibe o sacramento da orde, que se consagra a Deus para a tarefa do servizo. Esta persoa conságrase de forma permanente a Deus e a Igrexa dentro do grao dos diáconos. Este home pódeo facer de forma célibe ou estando casado, segundo os requisitos da Igrexa.
O diaconado permanente resolve a crise de vocacións para o sacerdocio que hoxe se vive na Igrexa?
O diaconado como institución non está chamada a ser unha solución para resolver a crise de vocacións sacerdotais. Un diácono ten un carisma e un ministerio diferente en esencia ao dun sacerdote. Por tanto, un diácono permanente non é nin debe entenderse como un substituto dun sacerdote. Son realidades e carismas complementarios, non sustitutivos.
Cales son as funcións fundamentais que realiza un diácono permanente?
O elemento crave para comprender as funcións que realiza un diácono é entender que representa na Igrexa a imaxe de Cristo servo. Brevemente pódese indicar que as funcións principais de diácono estarían ligadas á Palabra de Deus, a liturxia e a caridade. Así podemos indicar: “Corresponde aos diáconos, entre outras cousas, asistir ao bispo e aos presbíteros na celebración dos divinos misterios, sobre todo da eucaristía, e na distribución da mesma; asistir á celebración do matrimonio e bendicilo; proclamar o evanxeo e predicar; presidir as exequias; e entregarse aos diversos servizos da caridade” (Catecismo da Igrexa Católica, 1570).
Se o diaconado permanente é unha vocación, que significa iso?
O diaconado permanente como vocación significa que o Señor chama unha persoa para seguilo dunha maneira especial. É a chamada para consagrase a el e a comprometerse plenamente na Igrexa desde o servizo e a caridade. Implica un proceso de discernimento e formación.
Se alguén descobre que pode ter vocación de diácono permanente, que tería que facer?
Se unha persoa descobre que pode ter vocación ao diaconado permanente debería poñerse en contacto con confianza e naturalidade ou ben co seu párroco, ou ben coa vigairía para a Sinodalidade do bispado da diocese de Mondoñedo-Ferrol. Todo proceso vocacional necesita un discernimiento e un acompañamento espiritual axeitado.
? #EstáPasando ? Nueva jornada de formación sacerdotal en #Mondoñedo, en esta ocasión centrada en el diaconado permanente
Nos acompañó el diácono permanente de la diócesis de #Ourense @ObispadoOurense, Amancio J. Moure Mariño pic.twitter.com/NFG0gftdTe
— Diócesis de Mondoñedo-Ferrol (@mondonedoferrol) March 21, 2023







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















