Crónica da Asemblea Diocesana de Catequistas 2024

O pasado sábado 27 de abril reuníronse algo máis de cincuenta catequistas, sacerdotes e relixiosas, acompañados durante toda a xornada polo bispo Fernando García Cadiñanos, no colexio La Salle de Ferrol, en asemblea de catequistas “para atoparnos, analizar e animar o noso labor fundamental na tarefa evanxelizadora da Igrexa”.

Compartimos a crónica desta xuntanza que preparou o equipo da delegación diocesana de Catequese:

“Logo dunha dinámica de presentación rezamos pedindo luz e sentíndonos unidos á vide verdadeira que é Cristo, o noso delegado diocesano, Carlos Miranda, presentounos e lembrounos os obxectivos da delegación para este ano, entre os que estaba a realización de asemblea, e tamén o equipo da delegación, que interviron nos distintos momentos da asemblea. Continuou lembrándonos o que o novo Directorio para a catequese (2022) nos pide como catequistas, o que espera da catequese e a proposta de formación para os catequistas: O SER, O SABER, E O SABER SER CON dos catequistas.

Para analizar como estamos fixemos un DAFO (dificultades, ameazas, fortalezas, oportunidades), que desenvolvemos por grupos e resultou moi participada e ilustrativa. Logo, Vicki, representante de PPC, presentounos o proxecto “VENID Y VEREIS” (VEN E VERÁS), un bo complemento catequético para a catequese, baseado en relatos bíblicos e do evanxeo para favorecer a experiencia de Deus nos catequizandos.

Logo de xantar puxemos tamén en común o noso traballo de grupos e levámolo a eucaristía, na que, presididos polo bispo, lembramos a nosa misión de CONTAR E PERSERVERAR, e sentirnos enviados pola comunidade na nosa misión.

Agradecidos a cantos viñésedes e fixestes tan fraterno este día”.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas