Crónica da primeira reunión do ano do Consello Diocesano de Pastoral

O pasado sábado 25 de febreiro celebrouse na Domus Ecclesiae de Ferrol a primeira reunión do ano do Consello Diocesano de Pastoral, presidida polo bispo Fernando García Cadiñanos. Reproducimos a continuación a crónica preparada polo secretario do Consello, José María Pérez:

“Comezou a asemblea plenaria co saúdo do bispo, quen agradeceu a todos os asistentes a súa participación na reunión. Asistiron 24 dos 31 membros que a forman, abordando os seguintes asuntos, segundo o recollido na orde do día establecido:

Gonzalo Varela (Vigairía para a Evanxelización) expón o desenvolvemento do Plan Diocesano de Pastoral (PDP), informando que todas as delegacións remitiron a programación do curso. Lembra os desafíos para o presente curso e fai un resumo das programacións realizadas nos diferentes arciprestados a partir do Plan Diocesano de Pastoral.

Luz María Pousa (Delegada de Acción Católica) presenta a síntese diocesana da Etapa Continental do Sínodo, alertando sobre a pouca participación da mocidade no proceso sinodal e na vida da Iglesia, debendo potenciar o seu acompañamento, así como o coidado da liturxia no que se refire á linguaxe e contido.

Jorge Rodríguez (Delegado de Infancia de Mocidade) presentou a estratexia deseñada a nivel diocesano para a Xornada Mundial da Mocidade (JMJ) en Lisboa, cun itinerario do 26 de xullo ao 6 de agosto (do 26 ao 31 de xullo na diocese de Aveiro, nun encontro intercultural, trasladándose a Lisboa a continuación para unirse aos actos da JMJ).

Antonio Valín (Vigairo Xeral) informa sobre o desenvolvemento das UPA na nosa diocese, recalcando o labor do equipo de acompañamento e a importancia de que as UPA en proceso constitúan unha xestora. Preséntase o plan de acompañamento para os próximos anos.

Por outra banda, infórmase sobre a proposta para a reforma dos arciprestados da nosa diocese, estando aberto o prazo para a presentación de alegacións. O obxectivo é que en xullo deste ano 2023 publíquese o decreto onde se estableza o número e a configuración dos novos arciprestados

A asemblea finaliza co recordo de datas próximas a ter en conta a nivel diocesano, como son a celebración da Festa da Misericordia o 18 de marzo; as retiros de Coresma, o 4 de marzo en Mondoñedo e o 5 de marzo en Ferrol; a publicación para a súa difusión do calendario interactivo da Coresma, elaborado pola delegación de Laicos, Familia e Vida; o retiro de Coresma do profesorado de Relixión, o 9 de marzo; a celebración da festividade de San Rosendo, o 1 de marzo; o Día do Seminario, o 19 de marzo; a marcha da comunidade relixiosa das Oblatas de Ferrol; as confirmacións de adultos en Mondoñedo, o 27 de maio; o Encontro de Apostolado Seglar en Vilalba e a celebración da Asemblea de Cáritas Diocesana o 6 de maio”.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas