Tendo en conta a realidade pastoral da Diocese e buscando unha maior eficacia, polo presente Decreto APROBAMOS, dacordo co canon 496 e concordantes do Código de Dereito Canónico vixente, a reforma dos artigos 9 e 15 dos vixentes Estatutos do Consello Pastoral Diocesano, que queda redactados así:
Artigo 9.
Os membros do CPD son natos, elixidos e de designación episcopal.
1. Membros natos: Serán membros natos en atención á tarefa pastoral que desempeñan: O Bispo, o Vigairo Xeral e os Vigairos Episcopais, os Arciprestes, o Presidente/a de a CONFER (ou un relixioso/a en quen delegue) e o Director/a de Cáritas.
2. Membros electos:
a) Catro membros das Delegacións Diocesanas de Pastoral.
b) Un representante dos movementos e asociacións de fieis.
c) Un representante das confrarías.
d) Dous laicos por arciprestado.
3. Membros de designación episcopal: O Bispo poderá designar seis (6) membros, co fin de garantir a representación de todos os ámbitos territoriais, sociais e profesionais da Diocese (can. 512, 2).
4. Persoas convidadas: Pódese convidar a outros membros para participar nas deliberacións do Consello cando o tema o requira, con voz pero sen voto.
Artigo 15.
A Permanente:
1.A Comisión Permanente, elixida polo Pleno, presidida polo Bispo como Presidente do Consello, está composta por un dos Vigairos, un Arcipreste, o Secretario e o moderador e tres membros do Pleno, ben laicos ou consagrados.
2. A Comisión Permanente reunirase unha vez por trimestre ou cando o Presidente a convoque con carácter extraordinario.
3. O Bispo é quen convoca e preside a Comisión Permanente. O Bispo poderá delegar no Vigairo a presidencia da permanente, nos casos que considere oportunos.
Dado en Mondoñedo, ao 26 de xullo de 2023
+ Fernando García Cadiñanos
Bispo de Mondonedo-Ferrol
Por mandato de S. Excia. Rvdma.
Félix Villares Mouteira
Chanceler-Secretario Xeral







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















