Don Fernando García Cadiñanos, pola graza de Deus e da Sede Apostólica, Bispo de Mondoñedo-Ferrol
DECRETO
Tendo en conta a Diocese, o número de sacerdotes e buscando unha maior eficacia, polo presente Decreto APROBAMOS, dacordo co canon 496 e concordantes do Código de Dereito Canónico vixente, a reforma dos artigos 5 e 6 dos vixentes Estatutos e Regulamento do Consello Presbiteral Diocesano, que quedan redactados así:
Artigo 5. Membros natos:
Son membros natos:
– O Vigairo Xeral.
– Un Vigairo Episcopal.
– O Reitor do Seminario.
– O Presidente do Cabildo da Catedral.
– O Delegado do Clero.
Artigo 6. Membros electivos
Son membros electivos:
– Dous representante de cada arciprestado.
– Un representante dos relixiosos que residen e traballan na diocese.
Dado en Mondoñedo, o 26 de xullo de 2023
+ Fernando García Cadiñanos
Bispo de Mondonedo-Ferrol
Por mandato de S. Excia. Rvdma.
Félix Villares Mouteira
Chanceler-Secretario Xeral







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















