O cabido da S. a. I. Catedral de Mondoñedo, a través da empresa Artisplendore, encargada da xestión turística da sé mindoniense, acaba de anunciar dúas novas visitas ao templo durante os meses de verán:
· Paseando polo rosetón: Inclúe a visita ao novo museo, situado nun lugar privilexiado denominado “Salóns Góticos”, conectados a través dun balcón polo que é posible cruzar xunto ao famoso rosetón da catedral. A duración aproximada da visita é de 30 minutos e poderá realizarse os luns (12:00 horas) e os xoves (12 e 13:00 horas.). O prezo é de 8 euros e inclúe a visita á catedral co servizo de audioguía. É necesario realizar a reserva a través da web ou mediante contacto telefónico. Mínimo grupos de cinco persoas.
· Atardecer en Mondoñedo: Visita exclusiva unicamente os días 25, 28 e 29 de xullo. Inclúe un percorrido pola catedral, o claustro, os salóns góticos e as torres, cunha duración aproximada dunha hora e media a partir das 21:00 horas. As tarifas son de 20 euros para adultos e 5 euros para nenos.
Estas propostas turísticas compleméntanse coa exitosa visita “ALTIUS: “Contemplando Mondoñedo desde a Paula“, unha experiencia única para achegarse á catedral visitando a súa zona alta, en concreto, os salóns góticos e a súa zona expositiva, o balcón do bispo e as torres que se levantan como miradoiro único sobre a comarca.
Atención ao visitante: 673 56 87 09 / cmondonedo@artisplendore.com