Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 16 de febreiro de 2024. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
📻🔴 Hoxe no #ElEspejoMF…
Falaremos da #Coresma Antonio R. Basanta e da Semana do #Matrimonio con Mar Sarmentero. Ademáis, as seccións habituais e moitas, moitas noticias
🔊 Escoitámonos ás 13:30 h. @CopeFerrol @copedelacosta e no podcast sempre que queirades #APolaFinde 🌞 pic.twitter.com/6UIv9KIefu
— Diócesis de Mondoñedo-Ferrol (@mondonedoferrol) February 16, 2024
Entrevista: Antonio R. Basanta, vigairo para a Sinodalidade
Neste tempo de Coresma, que iniciamos o Mércores de Cinza, falamos dos diferentes actos diocesanos que se están organizando para preparar este tempo. Para iso contamos coa presenza do vigairo diocesano para a Sinodalidade e delegado do Clero, Antonio Rodríguez, con quen falarei sobre o significado da Coresma e o calendario de actos, que contempla, por exemplo, varios retiros para laicos, sacerdotes, profesores de Relixión e educadores cristiáns.
Entrevista: Mar Sarmentero, delegada de Laicos, Familia e Vida
Coa delegada diocesana de Laicos, Familia e Vida, Mar Sarmentero, coñeceremos a proposta da delegación para este tempo de Coresma: un calendario para vivir este tempo en familia. Tamén analizaremos unha nova edición da Semana do Matrimonio, que se celebra estes días ao redor da festa de san valentín, poñendo en valor o matrimonio cristián. E para finalizar, coñeceremos en que consistirá o Encontro Nacional do Primeiro Anuncio, que comeza hoxe en Madrid e que contará cunha representación diocesana encabezada polo bispo Fernando García.
Para pensar: «Mucho para dar»
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha comunidade relixiosa da nosa diocese. Durante este mes de febreiro, de xeito especial, encárganse os membros da delegación diocesana de Manos Unidas.
Horizontes desde Loiba
Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dun xeito máis más pausado, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.