Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 20 de febreiro de 2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado durante estes meses polo sacerdote Javier Martínez, en substitución de Baruk Domínguez, a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Entrevista: Carlos González, vicedelegado de Pastoral Penitenciaria de Ourense
O vindeiro 7 de marzo as delegacións de Pastoral Penitenciaria de Galicia abordarán a realidade das persoas extranxeiras en prisión, dentro das 12ª xornadas rexionais baixo o título “Persoas extranxeiras en prisión: estratexias e reinserción”. O encontro pretende a formación dos voluntarios, así como difundir o traballo pastoral nos cárceres, nas familias e no acompañamento dos presos. Para falarnos de este encontro contamos con Carlos González Prieto, vicedelegado de Pastoral Penitenciaria da diocese de Ourense.
Entrevista: Cándido Otero, delegado diocesano de Liturxia e Confradías
A delegación de Liturxia e Confrarías é o órgano diocesano de programación e promoción da acción da Igrexa no ámbito do culto e a liturxia. Tamén vela pola identidade, a formación dos confrades, o seu acompañamento e o seu crecemento na fe. Este pasado mércores a Igrexa comezaba un tempo litúrxico que nos levará á Semana Santa: a Coresma. Para falar do significado da Coresma tivemos connosco ao arcipreste de Ferrol e delegado de Liturxia e Confrarías, Cándido Jesús Otero López.
Para pensar: “La luz en la oscuridad”
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de febreiro encárganse a comunidade relixiosa das Discípulas de Jesús (Ferrol).
Tamén che pode interesar
Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















