Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 27 de marzo de 2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado durante estes meses polo sacerdote Javier Martínez, en substitución de Baruk Domínguez, a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Entrevista: Sor Luz, superiora da comunidade clarisa de Ribadeo
O papa León XIV convocou o Ano Xubilar Franciscano, que comezaba o pasado 10 de xaneiro, conmemorando o 800º aniversario da morte de santo Francisco de Asís. Un tempo de graza que ofrece indulxencia plenaria aos fieis que visiten igrexas franciscanas, destacando a conversión, a paz e a renovación espiritual. Para contárnolo temos hoxe connosco á abadesa do mosteiro de Santa Clara de Ribadeo, sor Luz.
Entrevista: Eduardo Lago, irmán maior da Real Hermandad de las Siete Palabras de Viveiro
A Real Hermandad de las Siete Palabras de Viveiro cumpre 75 anos. Por este motivo, de modo excepcional o Sermón regresa á Praza Maior onde se celebrou hai 58 anos, sendo predicadas polo noso bispo na mañá do Venres Santo. Á Irmandade concedéuselle o título de Real en outubro de 2022, sendo o rei Felipe VI irmán maior honorario desde 2017. Para falarnos do paso con maior número de portadores de Galicia e sobre como o van vivir nesta Semana Santa, contamos hoxe co irmán maior desta confraría, Eduardo Lago.
Entrevista: Salvador Fernández, irmán maior da Cofradía da Semana Santa de Ribadeo
Comezamos esta entrevista con música do falecido Hernán Naval, creador da Banda de Ribadeo, xa que imos ata alí para coñecer de primeira man como se está a preparar a súa Semana Santa e cales son os elementos que a caracterizan. Para falarnos de todo iso, temos connosco hoxe a Salvador Fernández, irmán maior da súa Confraría.
Para pensar: “El barbero incrédulo”
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de marzo encárganse a comunidade relixiosa das Hijas de la Virgen de los Dolores (Ferreira do Valadouro).
Tamén che pode interesar
Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















