“El Espejo” (30.01.2026): Xornada da Vida Consagrada + A transparecencia e o sostemento na diocese

Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 30 de xaneiro de 2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado durante estes meses polo sacerdote Javier Martínez, en substitución de Baruk Domínguez, a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.


Entrevista: Xosé Román Escourido, delegado de Vida Consagrada

O vindeiro luns 2 de febreiro a Igrexa celebra a Festividade da Candeloira, e nela a Xornada Mundial da Vida Consagrada, cun lema que neste ano se presenta cun interrogante: “Para quen es?”. Celébrase cando se cumpre un ano do Congreso Nacional de Vocacións. Para achegarnos a esta xornada falamos co delegado diocesano para a Vida Consagrada, o sacerdote Xosé Román Escourido.


Entrevista: Carlos Alonso, responsable da Oficina de Transparencia

No ano 2014 a Conferencia Episcopal Española puxo en marcha o seu Plan de Transparencia. Unha ocasión excepcional para render contas, seguir avanzando na mellora e atender novas demandas. A Oficina de Transparencia de Mondoñedo-Ferrol ten como misión achegar a Igrexa diocesana á sociedade mediante o impulso de medidas de trasparencia e bo goberno na diocese. Hoxe acompáñanos o director deste departamento, Carlos Alonso.


Para pensar: “Cuando un copo de nieve rompe la rama” 

A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de xaneiro encárganse a comunidade relixiosa das Mercedarias de Ferrol.


Tamén che pode interesar

Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas