Será o vindeiro martes 5 de outubro cando o novo bispo da diocese de Tui-Vigo, o ribadense monseñor Antonio Valín Valdés, regrese á súa diocese de orixe para “compartir unha charla-coloquio sobre a súa experiencia de “neoepíscopo” nesta diocese irmá”, segundo informaba na súa convocatoria a delegación do Clero.
O acto enmárcase no segundo encontro sacerdotal deste curso, que organiza mensualmente a delegación. Nesta ocasión, dada a proximidade coa solemnidade de Todos os Santos, a convocatoria inclúe unha eucaristía na memoria de todos os presbíteros defuntos, especialmente na de aqueles que faleceron neste último ano. A misa terá lugar na capela maior do Seminario (10:30 horas), con entrada libre, ao continuaren as obras de rehabilitación da catedral. Ao rematar terá lugar, tamén no Seminario, un xantar.
Quenda de exercicios espirituais para sacerdotes
Noutra orde, desde a delegación informan tamén da convocatoria da quenda anual de exercicios espirituais para sacerdotes. Nesta ocasión terá lugar do 11 ao 15 de novembro no Seminario de Mondoñedo, e estarán dirixidos por monseñor Froilán Casas Ortiz, bispo emérito de Neiva (Colombia).
Pódeche interesar tamén
Crónica del encuentro de los obispos de Galicia y Portugal en Mondoñedo
Monseñor Antonio Valín Valdés ya es obispo de Tui-Vigo








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















