Nomeamentos: servizos diocesanos

O bispo diocesano, monseñor Fernando García Cadiñanos, fixo públicos os nomeamentos que conforman algúns servizos diocesanos. A saída de don Antonio Valín, actual bispo de Tui-Vigo e anterior vigairo xeral da diocese, provocou algúns cambios na estrutura de goberno.

Entre estes cambios destaca a nova configuración do Consello de Goberno, que se amplía para dar entrada á participación de laicos. En palabras do propio bispo, “o proceso de sinodalidade no que está embarcada toda a Igrexa facía necesario este cambio para expresalo dunha maneira real. Estou seguro que a voz destas persoas que teñen xa unha traxectoria importante na vida diocesana achegará puntos de vista renovados no necesario discernimiento das decisións”. O Consello de Goberno é o órgano que asesora directamente ao bispo nas decisións e no funcionamento ordinario da vida diocesana. Ademais de todos os vigairos, no devandito consello entran a formar parte, por primeira vez, dous laicos: Dona María Victoria González Rodríguez, actual directora de Cáritas Diocesana, e don José Luis Fernández Fernández, delegado de Pastoral da Saúde.

Igualmente, a curia diocesana vese reforzada co nomeamento dun mozo seglar, Sergio Díaz Piñeiro, como vicechanceler da diocese. Licenciado en Dereito Civil e actualmente cursando a licenciatura en Dereito Canónico en Salamanca, prestará tamén os seus servizos no tribunal eclesiástico.

Xunto a estes nomeamentos, o bispo diocesano designou tamén a don Óscar Fernández Expósito, sacerdote que acaba de regresar dos seus estudos en Roma, como novo vigairo para a Evanxelización. El mesmo encargarase tamén da delegación de Pastoral Vocacional.

Ademais, outras delegacións diocesanas tamén cambian de dirección. En palabras do propio bispo, “era necesario un cambio que provoque un novo estímulo despois dunha longa traxectoria de persoas que acompañaron estas pastorais entregando ideas, tempo e corazón”. Á irmá Nieves Echevarría, ata o de agora delegada de Misións, vai ser substituida polo sacerdote don Alejandro Piñón Espasandín. E o reverendo don Juan Pablo Alonso Rolle substituirá a don Francisco Gómez García como novo delegado da Pastoral do Mar.

Por último, don Félix Villares Mouteira foi nomeado novo director da casa sacerdotal “Santa Catarina” de Mondoñedo. Este nomeamento realízase no marco de posta en funcionamento dos novos estatutos recentemente aprobados para esta casa. Substitúe a don José Bello Lagüela nos labores de dirección.

Nos vindeiros días daranse a coñecer os nomeamentos noutros servizos parroquiais.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas