Cando visito algún dos recunchos preciosos que compoñen a nosa xeografía diocesana, non faltan persoas que, sentíndose orgullosas do seu pasado e do seu presente, achéganse a min para sinalarme algún detalle, algún aspecto significativo e importante da súa parroquia, do seu templo, da súa familia… Con que ilusión falan do que son, do que fan, do que lles diferencia, do que achegan á sociedade, do que viven. Os seres humanos estamos enraizados nun lugar, nunha cultura, nun contexto concreto que facilmente nos move a amalo e sentilo como propio. Só cando se ama, fálase con ilusión del; só cando se participa diso, ensínase e móstrase ao estraño; só cando se sente un parte diso, descóbrese orgulloso aos demais.
Os cristiáns celebramos o día 12 de novembro a Xornada da Igrexa Diocesana. Unha data que precisamente pretende conseguir iso entre os cristiáns, ao contemplar o que a Igrexa diocesana de Mondoñedo-Ferrol realiza permanente ou puntualmente no medio da nosa sociedade. Con esta xornada convídasenos aos cristiáns para avivar o sentido de pertenza á nosa Igrexa, a gran familia da que formamos parte polo noso bautismo.
É un día no que se quere mostrar todo o traballo, «os bos froitos» que esta familia dá ao servizo da nosa sociedade e dos nosos concidadáns: no campo do social, do espiritual, do patrimonio, da cultura, da educación, da asistencia, da evanxelización, do coidado da persoa e dos últimos, do crecemento espiritual… Certamente son números incapaces de expresar todo o que a Igrexa é e fai, pero que pretenden cuantificar e visibilizar algo do que se realiza, tomar consciencia da súa importancia vital para o ben das persoas e do noso mundo.
Ao contemplalo e ao sentirnos parte da obra que leva a cabo a nosa Igrexa diocesana nesta terra, un non pode polo menos sentirse moi «orgulloso da nosa fe». Unha «fe que se fai obras» grazas a ti e a persoas que, como ti, acollen e viven responsablemente o seu bautismo na rúa, no traballo, no templo, no barrio, na política, na economía, na familia, na escola… Convídote a que contemples a gran obra comezada e a que te sintas parte do que entre todos realizamos. Convócote a que a sigas alentando coa túa oración, co teu compromiso, co teu voluntariado, coa túa achega económica, coa túa formación, co teu testemuño… Sintámonos orgullosos de tanto como facemos entre tantos.
O voso irmán e amigo.
+ Fernando García Cadiñanos
Bispo de Mondoñedo-Ferrol








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















