Na tarde de onte martes, 7 de marzo, o noso bispo visitou a sede da confraría da Soidade de Ferrol. Coas súas raíces nas antigas confrarías da Orde Terceira, o nacemento da confraría da Nosa Señora da Soidade supuxo para a Semana Santa de Ferrol un indispensable respaldo ao que debemos memoria e agradecemento na actualidade.
Tal como nos contan Alfredo Martín García e Ana Martín García, no seu estudo histórico artístico “As Confrarías da Orde Terceira de Ferrol” (Editado polas Confrarías da Orde Terceira de Ferrol en 2007), co respaldo da Armada e a precedente iniciativa da confraría de Dores, que fixera o esforzo por facer saír anteriormente á Virxe da Soidade, en 1957 arrinca a súa fundación e comeza as súas procesións en 1958. Recuperando así unha procesión que existía, polo menos, cen anos antes.
Fronte a confrarías doutros enclaves da nosa diocese, en Ferrol as confrarías adoptan algo moi característico e propio de confrarías do sur (especialmente Cartaxena, mundo militar…), coas que mantiveron vinculación polo intercambio entre os arsenais. Por este motivo, a constituída “Confraría e Irmandade da nosa Señora da Soidade”, irá creando os diferentes «terzos», como o de María Magdalena en 1959, o Ecce Homo en 1967 (como confraría e recuperando a súa antiga procesión da que existía constancia desde 1743), o terzo de San Pedro Apóstolo desde 1976, o do «Cristo da Luz e da Boa Morte» desde 1984…
Un longo traballo onde se foron incorporando novas imaxes, restaurado e poñendo en valor as antigas… son moitos os pasos, traballos e esforzos levados a cabo nestes anos. Desde o agarimo, a devoción e o empeño de moitos dos seus confrades e directivas.
En 1974 asinouse a acta de unión das confrarías do Ecce Homo e da Soidade, que a principios do presente século renovaron os seus estatutos á luz do Vaticano II, pasando a ter como título oficial o de “Confraría da Santísima Virxe da Soidade” e na súa forma abreviada “Confrarías da Soidade”.
Procesionan cinco dos días da nosa Semana Maior en Ferrol. O Domingo de Ramos, recuperando a primitiva procesión franciscana da serán con San Pedro que acompaña ao Ecce Homo. Ata o de agora, o Martes Santo, co Cristo da Boa Morte, que este ano se traslada ao Xoves Santo. O Mércores Santo acompañan á Virxe da Misericordia. O Venres Santo á nosa Señora da Soidade e á Madalena. E xa o Domingo de Resurrección á Madalena e o Resucitado.
É moi loable o esforzo e traballo que desde a confraría da Soidade realizouse durante e desde a pandemia a nivel de axuda social e caritativa. Unha función indispensable da confraría que serviu para unilos nunha preciosa causa e onde lles fixo crecer na súa conciencia e dimensión como fraternidade.
A súa sede canónica atópase na rúa Espartero 13, baixo, e podemos coñecer a súa imaxinería, vídeos, actividades de actualidade na súa web https://cofradiasoledadferrol.com








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















