A Igrexa celebra o 30 de abril a Xornada Mundial de Oración polas Vocacións e a Xornada de Vocacións Nativas baixo o lema, «Segue o teu camiño. Non esperes máis». Esta campaña difúndense de maneira conxunta polo servizo de Pastoral Vocacional da Conferencia Episcopal Española, a Conferencia Española de Relixiosos (CONFER), Obras Misionales Pontificias Pontificias (OMP) e a Conferencia Española de Institutos Seculares (CEDIS).
O «domingo do Bo Pastor», o cuarto de Pascua, é o día elixido para celebrar, de forma conxunta, estas dúas xornadas:
· A Xornada Mundial de Oración polas Vocacións, de carácter universal, pretende suscitar en todos os mozos a pregunta pola súa vocación, e que a comunidade cristiá promova as vocacións cristiás coa oración e o acompañamento.
· A Xornada de Vocacións Nativas que busca soster as vocacións de especial consagración que xorden nos territorios de misión, para que ningunha delas quede frustrada por falta de recursos. Para iso, ademais da oración, promove a colaboración económica.
Mensaxe do papa Francisco
“Cando falamos de “vocación” non se trata só de elixir unha ou outra forma de vida, de dedicar a propia existencia a un ministerio determinado ou de sentirnos atraídos polo carisma dunha familia relixiosa, dun movemento ou dunha comunidade eclesial; trátase de realizar o soño de Deus, o gran proxecto da fraternidade que Xesús tiña no corazón cando suplicou ao Pai: «Que todos sexan un» (Xn 17,21). Toda vocación na Igrexa, e en sentido amplo tamén na sociedade, contribúe a un obxectivo común: facer que a harmonía dos numerosos e diferentes dons que só o Espírito Santo sabe realizar ecoe entre os homes e mulleres. Sacerdotes, consagradas, consagrados e fieis laicos camiñamos e traballamos xuntos para testemuñar que unha gran familia unida no amor non é unha utopía, senón o propósito para o que Deus nos creou” (Papa Francisco)