Antigos seminaristas da comarca da Mariña lucense renovaron os seus votos de confraternidade do pasado 13 de xullo en terras de Lourenzá, un lugar pleno de evocacións para todos. No mosteiro de Vilanova cursaron os novos seminaristas Primeiro e Segundo de Latín e Humanidades entre 1942 e 1970.
Organizouse con todo detalle unha visita guiada á actual parroquia da vila, Santa María. Alí puideron ver dúas xoias: o neoclásico retablo principal, obra de Ventura Rodríguez, e o retablo renacentista que preside unha das capelas laterais. Desde o templo puideron acceder tamén ao sartego do nobre Osorio Gutiérrez, máis coñecido como o Conde Santo.
O grupo percorreu tamén a exposición, instalada no Museo Sacro (antiga capela do Seminario), sobre a vida e obra do escritor e editor Francisco Fernández del Riego (Lourenzá 1913-Vigo 2010), a quen foi dedicado o Día dás Letras Galegas deste ano.
A cita gastronómica tivo como marco o restaurante “O Pazo de Tovar”, hóspede do histórico pazo-fortaleza-castelo de Tovar ou Torre de Canedo, do século XII, situado nesta paraxe a parroquia de Santo Tomé de Lourenzá.
Entre os asistentes á xuntanza estiveron: Rey Sarmiento, Antonio Rúa (sacerdote), Adrián Goás, Trashorras, Iglesias, Timiraos, Manolo Villares, Javier Pernas, Sánchez Marful, Manolo Vila, Germán Castro, Dionisio Corral, Do Río Ferro e Daniel G. Artiaga.
Fonte: www.homenaxeseminariomondonedo.com
?⭐ Antigos seminaristas da nosa diocese xuntáronse recentemente en #Lourenzá, onde puideron disfrutar dunha visita guiada á igrexa, ao mosteiro, ao museo de arte sacro e á mostra oficial sobre Francisco Fernández del Riego #LetrasGalegas2023https://t.co/D7t1DtPEcJ pic.twitter.com/IGf3kGMbo7
— Diócesis de Mondoñedo-Ferrol (@mondonedoferrol) July 17, 2023








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















