A Iglesia celebra o domingo 19 de marzo, solemnidade de San Xosé, o Día do Seminario, este ano co lema «Érguete e ponte en camiño». A subcomisión episcopal para os Seminarios elaborou os materiais para apoiar a celebración desta Xornada, que cada ano se presenta como unha ocasión para pedir, dar grazas e mostrar a nosa proximidade cos seminaristas, os seus formadores e as vocacións sacerdotais.
«Érguete e ponte en camiño», lema deste ano
Na reflexión teolóxica que se inclúe entre os materiais do Día do Seminario deste ano, explícase que o lema desta xornada, «Érguete e ponte en camiño», recolle unha das expresións máis repetidas na Sagrada Escritura, «Érguete». Xunto coas palabras de Xesús, «Eu son o camiño».
A expresión «Érguete», matiza este texto, reflicte que a historia da salvación é «unha permanente insistencia por parte de Deus en levantar ao home que, unha e outra vez, cae e apártase do proxecto de vida que Deus lle ofrece». Por iso, «a caída non é definitiva. O definitivo é a graza que rexenera e salva, é a presenza do Señor que levanta, que pon en pé, que nos anima a reemprender o camiño con novos bríos, con novas forzas».
Nesta reflexión, convídase a percorrer o ministerio público de Xesús con atención para descubrir que «o Señor se inclina ante aquel que está prostrado para dicirlle unha palabra de vida e poñelo en pé, para restituírlle na dignidade que perdera». El «perdóanos, cúranos, levántanos para que tomemos conciencia de quen somos en realidade» pois «coñecer ao Señor é o camiño máis curto e máis rápido para coñecernos a nós mesmos, non só co que dan de si as nosas forzas, senón desde a luz que nace do encontro co Señor».
Chamados a percorrer un camino
Pero, ademais, «estamos chamados a percorrer un camiño, a levar adiante a peregrinación da fe, a correr na carreira» sabendo que camiñamos porque coñecemos a Xesús, que nos dixo: «Eu son o camiño».
A Sagrada Escritura e a historia da Igrexa, sinala, están repletas de testemuños de homes e mulleres que «tomando en serio a chamada do Señor abandonaron a comodidade dunha vida quizá máis segura, e lanzáronse polos camiños do mundo deixándose guiar polo Señor». Entre eles, propóñense dous modelos de crentes «que se puxeron en camiño e cuxas vidas iluminan as nosas: san Pablo e san Ignacio de Loyola».
O texto conclúe agradecendo que Deus Pai, no seu Fillo, «chamounos a vivir sempre co corazón levantado» e que «nos deu a cada un unha vocación preciosa na súa Igrexa que «terá como horizonte o servizo».
Deus segue chamando, os nosos seminarios están cheos de historias de vida onde é doado recoñecer a pegada de Deus, a súa voz ecoa: «Érguete e ponte en camiño».
Programación en Mondoñedo-Ferrol
Na nosa diocese, a través das delegacións do Clero e Vocacións, e o Seminario de Mondoñedo, está previsto que do 13 ao 19 de marzo os nosos seminaristas maiores (Salva, Darío, Reni e Andrés) compartan un vídeo preparado por eles mesmos relacionado coas vocacións ao sacerdocio, así como a preparación e comentario das lecturas do evanxeo da semana. Tamén participarán o delegado diocesano de Vocacións, o sacerdote Jaime Iglesias, e a comunidade relixiosa das Discípulas de Jesús de Ferrol. Estes materiais estarán dispoñibles na web, nos perfís diocesanos en redes sociais e na canle de Youtube.
Materiais oficiais CEE
Acceso á web con todos os materiais (cartelería, subsidios e catequese)








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















