Un ano máis, seguindo a invitación que nos fai o papa Francisco, celebraremos a nivel diocesano a décima edición das “24 horas para o Señor“, como un encontro de oración comunitaria neste tempo de Coresma. Este ano o lema é «Oh, Deus!, ten compaixón deste pecador» (Lc. 18,13). Esta iniciativa promovida polo Papa quere alentar aos fieis para acudir ao sacramento da reconciliación como a mellor forma de prepararse para a Semana Santa, e facelo preferiblemente nun marco de adoración eucarística.
Por iso, a diocese organiza unha cadea de oración durante 24 horas, comezando o venres 17 de marzo pola tarde ata o sábado 18 de marzo ás 20:00 horas.
O venres 17, na catedral de Mondoñedo, celebrarase unha eucaristía presidida polo bispo Fernando García Cadiñanos (19:00 h.), para, a continuación, proceder coa exposición do Santísimo. Durante a mesma haberá varios sacerdotes confesando. Ao día seguinte, sábado 18, esta iniciativa coincidirá no tempo coa celebración da Festa da Misericordia, que se celebrará en Mondoñedo durante toda a mañá.
Para desenvolver a cadea de oración están previstas diversas quendas de 60 minutos, de maneira que queden cubertas as 24 horas. Nese tempo, nas comunidades e parroquias realizaranse encontros de oración, momentos de adoración, eucaristías… Ademais dos sacerdotes diocesanos, colaborarán nesta iniciativa os mosteiros de vida contemplativa e as diversas comunidades de consagrados de Mondoñedo-Ferrol.
24 horas para o Señor na diocese
Venres 17 marzo
16 a 17 h.: Hermanitas de los Ancianos Desamparados-Narón (16.30-17.30)
17 a 18 h.: Fillas da Virxe das Dores (Ferreira).
18 a 19 h.: Parroquia Nsa. Sra. Desamparados-Narón; parroquia Sta. María de Neda.
19 a 20 h.: Catedral de Mondoñedo (misa y adoración); Esclavas do Santísimo-Ferrol.
20 a 21 h.: Catedral de Mondoñedo (20 a 20.30h); Adoración Nocturna de Mondoñedo; Franciscanas de Foz; Esclavas do Santísimo-Ferrol
21 a 22 h.: Adoración Nocturna de Mondoñedo; parroquia de Foz; Esclavas do Santísimo-Ferrol.
22 a 23 h.: Adoración Nocturna de Mondoñedo; Esclavas do Santísimo-Ferrol
23 a 00 h.: Adoración Nocturna de Mondoñedo; Esclavas do Santísimo-Ferrol.
Sábado 18 marzo
00 a 01 h.: Adoración Nocturna de Mondoñedo; Esclavas do Santísimo de Ferrol.
01 a 02 h.: Esclavas do Santísimo-Ferrol.
02 a 03 h.: Esclavas do Santísimo-Ferrol.
03 a 04 h.: Esclavas do Santísimo-Ferrol.
04 a 05 h.: Esclavas do Santísimo-Ferrol.
05 a 06 h.: Esclavas do Santísimo-Ferrol.
06 a 07 h.: Esclavas do Santísimo-Ferrol.







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















