O Camiño de Santiago na dioceseEl Camino de Santiago en la diócesis
Saúdo do bispo diocesano aos peregrinos
Recibe un saúdo cordial de benvida por parte da comunidade cristiá que camiña en Mondoñedo-Ferrol:
Felicitacións porque decidiches facer un itinerario magnífico: o Camiño Inglés/Camiño do Norte correspondente aos Camiños de Santiago. Trátase dun camiño que te vai levar a unha meta: visitar a tumba do apóstolo Santiago, o amigo de Xesús, para pedirlle a súa protección e compartir con el as esperanzas da vida. Visitarás igrexas, pobos, lugares marabillosos… Atoparaste con xentes que che acollerán, que compartirán contigo a súa vida, a súa fe e o seu pasado…
Pero o peregrinar non é só unha viaxe exterior: trátase tamén dunha viaxe interior. Ti mesmo estás convidado a cambiar, a saír, a alcanzar novas metas e soños. Na peregrinaxe tamén un se transforma en contacto co silencio, coa natureza, cos irmáns, con Deus. Xesús, o peregrino de Emaús, farase o encontradizo contigo: oxalá lle saibas recoñecer, acoller e compartir con el a túa vida. Dese xeito, volverás a casa transformado, renovado, rexuvenecido, cargado de ilusión, esperanza e fe.
Bo camiño, irmán! Ultreia!
O voso irmán e amigo,
+ Fernando, bispo de Mondoñedo-Ferrol
Saudo en varios idiomas: BENVIDA – WELCOME – ACCUEILLIR – WILLKOMMEN
Información de contacto
D. José María Pérez Martínez
peregrinaciones@mondonedoferrol.org
Miramar, s/n, 15401, Ferrol (A Coruña)
Delegación de Peregrinacións, relixiosade popular, santuarios e Camiño de Santiago
Mapa dos Camiños de Santiago en Mondoñedo-Ferrol
Camiño Inglés
Dos chamados países escandinavos, como Noruega, Suecia, Dinamarca, Finlandia ou Islandia e, sobre todo, ingleses, escoceses, irlandeses e flamencos, contribuíron a fixar o que hoxe coñecemos como o Camiño Inglés. Chegaban a Galicia por mar desde os seus respectivos portos, e arribaban a Ferrol ou A Coruña —e tamén a Viveiro ou Ribadeo, no litoral lucense—.
A estratéxica localización dos portos desas dúas importantes cidades galegas potenciou de maneira evidente o roteiro. Dentro da nosa diocese, o Camiño Inglés parte da cidade de Ferrol e discorre a través de 112,5 quilómetros cheos de atractivos e historia.
Cartaz informativo: O Camiño Inglés en Mondoñedo-Ferrol (PDF)
Aquí atoparás información sobre a apertura das diversas igrexas e os horarios das celebracións en cada unha delas:
1 – FERROL – Igrexa da Nosa Señora del Socorro | Eucaristía: Sábados e vésperas de festivo: 19:00 h. Domingos e festivos: 11:30 h. Punto de Acollida ao Peregrino: de luns a venres de 17:30 a 19:00 h. |
2 – FERROL – Concatedral de San Xiao | Eucaristía: Laborables: 11:00 h. e 19:00 h. Sábados e vésperas de festivo: 11:00 e 13:00 h. Domingos e festivos: 11:00 e 13:00 h. Apertura do templo: de 10:00 a 13:00 h. e de 17:00 a 19:30 h. (excepto sábados e vésperas de festivo) |
3 – FERROL – Santuario da Nosa Señora das Angustias | Eucaristía: De luns a sábado: 09:00 e 12:00 h. Domingos e festivos: 09:00 y 13:00 h. Bendición de peregrinos: Despois de cada eucaristía Apertura do templo: de 08:30 a 12:30 h. e de 17:00 a 18:30 h. (a diario) |
4 – FERROL – Capela de Santa María de Caranza | Eucaristía: Os xoves do mes de maio: 20:00 h. Festa, o domingo seguinte ao 15 de agosto |
5 – NARÓN – Igrexa de Santa Rita de Xuvia | Eucaristía: Luns, xoves e sábado: 18:30 h. Domingos e festivos: 12:30 h. Apertura da igrexa: Media hora antes de cada eucaristía Bendición de peregrinos: Sempre que se solicite. Sélanse credenciais con código QR |
6 – NEDA – Igrexa de Santa María | Eucaristía: Sábado: 18:30 h. (inverno) e 19:00 h. (verano). Domingos e festivos: 12:30 h. |
7 – NEDA – Igrexa de San Nicolás | Eucaristía: Luns: 19:00 h. (inverno) e 20:00 h. (verán). Domingos e festivos: 11:30 h. Bendición de peregrinos: Despois de cada eucaristía Apertura do templo: Todos os luns de 09:00 a 21:00 h. |
8 – NARÓN – Mosteiro e igrexa de San Martiño de Xuvia | Apertura: Sábados e domingos de 11:00 a 13:00 h. |
Camiño Norte
Tras o Camiño Primitivo, este roteiro, que transita pola costa asturiana e entra en Galicia pola ría de Ribadeo, alcanzou relevancia na baixa Idade Media. Despois de Castropol —última localidade de Asturias — o Camiño entra en Galicia cruzando o mar Cantábrico a través da fermosa ría de Ribadeo. Desde aquí ata a catedral de Santiago distan 189 quilómetros.
En 2015, o Camiño do Norte foi recoñecido pola UNESCO, xunto co Camiño Primitivo, como Patrimonio da Humanidade, o máximo recoñecemento que pode recibir un ben cultural.
[Máis información sobre as igrexas e celebracións proximamente]
Camiño do Mar
O Camiño do Mar discorre polos concellos de Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, O Vicedo, Mañón, Ortigueira, Cariño, Cedeira, Valdoviño e Neda, alí intersecciona co Camiño Inglés ata chegar a Santiago de Compostela.
Foi recoñecido como roteiro xacobeo en Galicia polo Parlamento de Galicia en 2010 e polo Cabildo da S.A.M.I. Catedral de Santiago de Compostela en 2021.
Documentos para descargar
Guía práctica do Camiño Inglés PDF / 4310 KB
Guía práctica do Camiño do Norte PDF / 4690 KB
Guía sobre o Camiño do Mar PDF
Guía de consellos do Camiño de Santiago PDF / 801 KB