"Érguete e ponte en camiño": Día do Seminario 2023

A Iglesia celebra o domingo 19 de marzo, solemnidade de San Xosé, o Día do Seminario, este ano co lema «Érguete e ponte en camiño». A subcomisión episcopal para os Seminarios elaborou os materiais para apoiar a celebración desta Xornada, que cada ano se presenta como unha ocasión para pedir, dar grazas e mostrar a nosa proximidade cos seminaristas, os seus formadores e as vocacións sacerdotais.


«Érguete e ponte en camiño», lema deste ano

Na reflexión teolóxica que se inclúe entre os materiais do Día do Seminario deste ano, explícase que o lema desta xornada, «Érguete e ponte en camiño», recolle unha das expresións máis repetidas na Sagrada Escritura, «Érguete». Xunto coas palabras de Xesús, «Eu son o camiño».

A expresión «Érguete», matiza este texto, reflicte que a historia da salvación é «unha permanente insistencia por parte de Deus en levantar ao home que, unha e outra vez, cae e apártase do proxecto de vida que Deus lle ofrece». Por iso, «a caída non é definitiva. O definitivo é a graza que rexenera e salva, é a presenza do Señor que levanta, que pon en pé, que nos anima a reemprender o camiño con novos bríos, con novas forzas».

Nesta reflexión, convídase a percorrer o ministerio público de Xesús con atención para descubrir que «o Señor se inclina ante aquel que está prostrado para dicirlle unha palabra de vida e poñelo en pé, para restituírlle na dignidade que perdera». El «perdóanos, cúranos, levántanos para que tomemos conciencia de quen somos en realidade» pois «coñecer ao Señor é o camiño máis curto e máis rápido para coñecernos a nós mesmos, non só co que dan de si as nosas forzas, senón desde a luz que nace do encontro co Señor».


Chamados a percorrer un camino

Pero, ademais, «estamos chamados a percorrer un camiño, a levar adiante a peregrinación da fe, a correr na carreira» sabendo que camiñamos porque coñecemos a Xesús, que nos dixo: «Eu son o camiño».

A Sagrada Escritura e a historia da Igrexa, sinala, están repletas de testemuños de homes e mulleres que «tomando en serio a chamada do Señor abandonaron a comodidade dunha vida quizá máis segura, e lanzáronse polos camiños do mundo deixándose guiar polo Señor». Entre eles, propóñense dous modelos de crentes «que se puxeron en camiño e cuxas vidas iluminan as nosas: san Pablo e san Ignacio de Loyola».

O texto conclúe agradecendo que Deus Pai, no seu Fillo, «chamounos a vivir sempre co corazón levantado» e que «nos deu a cada un unha vocación preciosa na súa Igrexa que «terá como horizonte o servizo».

Deus segue chamando, os nosos seminarios están cheos de historias de vida onde é doado recoñecer a pegada de Deus, a súa voz ecoa: «Érguete e ponte en camiño».


Programación en Mondoñedo-Ferrol

Na nosa diocese, a través das delegacións do CleroVocacións, e o Seminario de Mondoñedo, está previsto que do 13 ao 19 de marzo os nosos seminaristas maiores (Salva, Darío, Reni e Andrés) compartan un vídeo preparado por eles mesmos relacionado coas vocacións ao sacerdocio, así como a preparación e comentario das lecturas do evanxeo da semana. Tamén participarán o delegado diocesano de Vocacións, o sacerdote Jaime Iglesias, e a comunidade relixiosa das Discípulas de Jesús de Ferrol. Estes materiais estarán dispoñibles na web, nos perfís diocesanos en redes sociais e na canle de Youtube.


Materiais oficiais CEE

Acceso á web con todos os materiais (cartelería, subsidios e catequese)

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas