Pastoral

Pastoral

A través da tarefa pastoral, a Igrexa de Mondoñedo-Ferrol busca “o crecemento dos crentes, de maneira que respondan cada vez mellor e con toda a súa vida ao amor de Deus” (Evangelii Gaudium 14).

A actividade pastoral realízase a través de persoas e de estruturas ou institucións que se poñen ao dispor de nenos, mozos e adultos para acompañarlles nos seus procesos vitais e de acompañamento. A Igrexa está moi presente na vida persoal e social, nos momentos de dó e de festa, nas dificultades e miserias do noso mundo, na vida familiar e nos ámbitos de exclusión… Estando ao servizo das persoas, contempladas dunha maneira integral, desde a profundización na dimensión transcendente fórmanse persoas que contribúen ao ben común da sociedade desde os valores e ideais do evanxeo. E xérase moita esperanza e consolo.

Nunha sociedade cada vez máis secularizada, o primeiro anuncio aos que non coñecen a Xesús ou se mostran indiferentes ante a súa Boa Noticia é cada vez máis necesario.

· Sacerdotes diocesanos: 111
· Relixiosas e relixiosos: 164
· Monxas e monxes de clausura: 37
· Catequistas: 336
· Seminaristas: 4
· Parroquias: 423
· Mosteiros: 4
· Misioneiros e misioneiras: 16