Pastoral

Educativa

A Igrexa está presente, tamén, na formación de nenos e mozos axudándolles a descubrir os diferentes talentos de cada persoa. Cunha mirada integral sobre o ser humano, contribúese a formarse nas diferentes dimensións da persoa, desde un horizonte amplo que nos convida á transcendencia e a fraternidade.

Desde o punto de vista educativo, o Seminario de “Santa Catalina” foi a gran institución formativa da Igrexa de Mondoñedo-Ferrol.

Agora, segue estando presente a través dos colexios concertados católicos rexidos por diversas congregacións relixiosas, que ofrecen unha ampla oferta educativa.

Ademais, os profesores de Relixión católica nos centros públicos fan presente e explican o feito relixioso que configurou a cultura do noso país.

· Centros católicos concertados: 10
· Alumnos: 4.152
· Traballadores nos centros: 68
· Persoal docente nos centros: 351
· Profesores de Relixión: 75 (Pública) e 75 (Concertada)