Pastoral
Asistencial
Cando atravesamos unha “crise do compromiso comunitario”, cando rompen tantos vínculos e a desigualdade crece enteiros na nosa sociedade, a Igrexa, coa súa predicación, creando comunidades e coas súas obras asistenciais, promove o desenvolvemento humano e atende as feridas de tantos irmáns que sofren xunto a nós.
“Cada cristián e cada comunidade están chamados a ser instrumentos de Deus para a liberación e promoción dos pobres, de maneira que poidan integrarse plenamente na sociedade; isto supón que sexamos dóciles e atentos para escoitar o clamor do pobre e socorrelo” (Evangelii Gaudium 187).
A nosa Igrexa de Mondoñedo-Ferrol realiza un importante labor asistencial a través de Cáritas e de moitas iniciativas sociais promovidas fundamentalmente pola vida consagrada:
· Centros para mitigar a pobreza: 27 (4.422 persoas atendidas).
· Centros para promover o traballo: 1 (252 persoas beneficiadas).
· Centro de menores e outros programas para a tutela da infancia: 3 (220 persoas atendidas).
· Programas para a defensa da vida e a familia: 1 (416 persoas atendidas).
· Casas para anciáns, enfermos crónicos e persoas con discapacidade: 5 (536 persoas atendidas).
· 344 voluntarios de Cáritas.
· 35 voluntarios de Manos Unidas (con 3 proxectos de cooperación internacional e 22.275 persoas beneficiadas).
· Mesa Social de la Infancia y la Familia de Mondoñedo-Ferrol.