Para orar cada día

28ª Semana del Tiempo Ordinario
Viernes 16 de octubre de 2026. Festividad de Santa Margarita María Alacoque
Comentarios preparados por el grupo de voluntariado de la parroquia de Mandiá (Ferrol)

«Non hai cousa encuberta que non se acabe descubrindo nin cousa oculta que non se acabe sabendo»

Lucas 12, 1-7

Naquel tempo, tanta era a xente reunida arredor de Xesús que se pisaban uns a outros. El comezou a falar dicíndolles primeiramente ós discípulos: ‑ ¡Coidadiño co fermento dos fariseos, que é a hipocrisía! Non hai cousa encuberta que non se acabe descubrindo nin cousa oculta que non se acabe sabendo. Porque canto tedes dito na escuridade oirase a plena luz, e o que falastes ás agachadas nos dormitorios hase pregoar dende as azoteas. E a vós, amigos meus, tamén vos digo: non lles teñades medo ós que matan o corpo, pero xa non poden pasar de aí. Vouvos dicir a quen lle tedes que ter medo: temede a quen despois de matar pode meter no inferno. Así, repítovolo, temede a este. ¿Non se venden cinco pardais por dous patacos? Con todo, Deus non esquece a ningún. E mesmo os pelos da vosa cabeza están contados. Por iso non teñades medo, que vós valedes máis ca todos os pardais xuntos.


Comentario

Xesús advirte aos seus discípulos sobre o perigo da hipocrisía, personificada nos mestres da lei e nos sacerdotes dirixentes xudeus. Estes líderes distaban moito de cumprir coa xustiza e o bo comportamento que pregoaban, pois as súas belas palabras non ían acompañadas de boas obras. A pesar disto, Xesús asegura que a luz sempre triunfará sobre calquera dificultade.

Ao longo da historia, vemos como se cumpre esta lei divina, aínda que ás veces requira tempo. Este é a mensaxe esencial coa que debemos quedarnos. Ao mirar ao noso arredor, adoitamos fixarnos primeiro nas desgrazas, os problemas ou os defectos das persoas. As malas noticias acaparan os titulares porque o noso cerebro percibe o negativo con maior intensidade, un mecanismo evolutivo que axudou á supervivencia humana ao alertarnos dos perigos.

Porén, a humanidade xa non existiría se o amor non prevalecese sobre a maldade. Os nosos actos sempre teñen consecuencias e a luz remata iluminando a escuridade. Deus é puro amor e fomos creados por Él. Ter isto presente axudaranos a non perder a confianza nos momentos máis difíciles. Como di o Evanxeo: «Nin de un só paxariño se esquece Deus».


Para reflexionar

Sempre haberá persoas que actúan de un xeito inconsciente porque aínda non descubriron a semente de Deus no seu interior. De nada serve caer no pesimismo, no enfado ou na frustración. A nosa tarefa non é cambiar o mundo, senón contribuír a melloralo a través da nosa actitude. Son os pequenos xestos, eses que nunca sairán nos xornais, os que transforman a realidade e constrúen unha humanidade con máis paz, amor e sabedoría. As nosas accións teñen consecuencias por si mesmas: se eliximos un mal camiño, dalgunha forma a providencia divina actuará para que reparemos o dano causado.


Oración

Señor, axúdame para que non esqueza que hai un plan para as nosas vidas, e que sempre estás comigo para afrontar as dificultades con serenidade e confianza. Amén.