Para orar cada día

3ª Semana del Tiempo de Pascua
Viernes 19 de abril de 2024. Festividad de San Expedito
Comentarios del sacerdote diocesano Xaquín Campo Freire

«En verdad, en verdad os digo: si no coméis la carne del Hijo del hombre, y no bebéis su sangre, no tenéis vida en vosotros»

Juan 6, 52-59

En aquel tiempo, los judíos se pusieron a discutir entre sí y decían: «¿Cómo puede éste darnos a comer su carne?». Jesús les dijo: «En verdad, en verdad os digo: si no coméis la carne del Hijo del hombre, y no bebéis su sangre, no tenéis vida en vosotros. El que come mi carne y bebe mi sangre, tiene vida eterna, y yo le resucitaré el último día. Porque mi carne es verdadera comida y mi sangre verdadera bebida. El que come mi carne y bebe mi sangre, permanece en mí, y yo en él. Lo mismo que el Padre, que vive, me ha enviado y yo vivo por el Padre, también el que me coma vivirá por mí. Este es el pan bajado del cielo; no como el que comieron vuestros padres, y murieron; el que coma este pan vivirá para siempre». Esto lo dijo enseñando en la sinagoga, en Cafarnaúm.


Comentario

Segue o proceso do gran “signo” do “pan de vida. Neste discurso eucarístico, o protagonista é Xesús que se dá en comida e bebida, sen reserva. A entrega da vida do mestre polos discípulos é á costa da doazón continua do seu corpo e sangue por veces ata o martirio. Os discípulos foron conscientes de que foi comido polo amor que lles tivo: “Se me buscades a min deixade ir a estes”.

Quen senta a esta mesa, sabe que pon mesa para outros: ser pan de vida, para crear comuñón. A fraternidade dos discípulos é o marco de horizonte desta comida. Comer é asimilar a misión: ser alimento para outro. Transfórmase en eucaristía é alimentarse de Cristo, do seu evanxeo, da súa Palabra para darse en amor total, comuñón total cos irmáns.

“Quen come a miña carne e bebe o meu sangue, ten vida eterna e eu resucitareino no derradeiro día”. A resposta do home, da muller, é comermos a carne e beber o sangue desa entrega sen reservas na doazón total. Cando tal oíron, moitos dos discípulos dixeron: Que dura é esta doutrina! Quen pode admitir tal cousa? Nós ímonos de aquí!


Preguntas para reflexionar

Como valoramos hoxe os signos de vida, unidos e asociados ao Pan de Vida, consecuentemente?

1.- Os mártires polos demais, as vítimas, a nai, etc., son entregas cotiás en corpo e sangue. Disto sabemos moito os orfos de nai no nacer do noso último irmán. Ela, na ausencia presente, sempre seguiu anunciando o pan de vida. Incluso en anos de fame. “Ella a Jesús mis pasos guió. Y por eso desde niño siempre Lo quise yo”.

2.- Tamén este discurso é difícil de entender. Entendémolo mellor os orfos: Tamén ti, nai, só ti, tiveches esas palabras de vida eterna. “E aínda é hoxe o día que creo en ti.”


Oración

“No colo de miña nai escoitei que morreras por min/ e aínda e hoxe o día que creo en ti./Véxote entrar onda os amigos,/sentarte á mesa, falar de amor;/torna-los medos, ama-la vida,/espallar azos ó teu redor.
SEÑOR: QUE DURA É ESTA DOUTRINA! QUEN PODE ADMITIR TAL COUSA?
MADRE DE TODOS NOSOTROS ENSÉÑANOS A DECIR: AMÉN