Para orar cada día

28ª Semana del Tiempo Ordinario
Lunes 12 de octubre de 2026. Festividad de Nuestra Señora del Pilar
Comentarios preparados por el grupo de voluntariado de la parroquia de Mandiá (Ferrol)

«Ditosos máis ben os que escoitan a Palabra de Deus e a gardan»

Lucas 11, 27-28

Mentres Xesús dicía estas cousas, unha muller de entre a xente exclamou en voz alta: ‑ ¡Ditoso o ventre que te levou e os peitos que te criaron! Pero el replicoulle: ‑ Ditosos máis ben os que escoitan a Palabra de Deus e a gardan.


Comentario

Xesús responde á loanza que recibe sobre a súa nai chamando ditosos aos que escoitan a palabra de Deus e a gardan. Con esta resposta, Xesús, pon de manifesto que María é benaventurada porque é a primeira en crer e a súa fe no decaería xamais. Co seu exemplo de humildade e dispoñibilidade á vontade de Deus axúdanos a traducir a nosa fe nun anuncio do Evanxeo alegre e sen fronteiras. Deus quere que sexamos felices, afortunados, benaventurados, quere a nosa felicidade, unha felicidade que se inicia neste mundo aínda que os camiños para chegar a ela non sexan nin a riqueza, nin o poder, nin o éxito fácil nin a fama, senón o amor pobre e humilde de quen todo o espera. María no só é afortunada por telo traído ao mundo, por telo criado, é afortunada por ter sido oínte da Palabra e tela posto en práctica, por ter amado e deixarse amar polo seu Fillo.


Para reflexionar

No mundo actual adoitase a medir o éxito e a felicidade polos privilexios obtidos por herdanza, logros externos. Para Xesús a verdadeira grandeza non é un privilexio de nacemento senón unha decisión do corazón. Calquera de nós, sen importar de onde veña, pode acadar a máxima felicidade e proximidade con Deus se decide escoitar a súa Palabra e vivir conforme a ela.


Oración

Xesús, eu tamén loo e enaltezo á túa Nai xa que é o Pilar da fe e esperanza que sostén a miña vida e me conduce cara ti.