Para orar cada día
28ª Semana del Tiempo Ordinario
Miércoles 14 de octubre de 2026. Festividad de San Calixto I
Comentarios preparados por el grupo de voluntariado de la parroquia de Mandiá (Ferrol)
«¡Ai de vós, que sodes coma sepulcros que non se ven, e que a xente pisa sen se decatar!»
Lucas 11, 42-46
¡Ai de vós, fariseos! Pagades o décimo pola menta, pola ruda e por tódalas verduras, e deixades a un lado a xustiza e mais o amor de Deus. Pero é isto o que hai que practicar, aínda que sen descoidar o outro. ¡Ai de vós, fariseos, que devecedes polos primeiros postos nas sinagogas, e porque vos fagan reverencias nos rueiros! ¡Ai de vós, que sodes coma sepulcros que non se ven, e que a xente pisa sen se decatar! Entón un xurista, tomando a palabra, replicoulle: ‑ Mestre, dicindo esas cousas, tamén nos aldraxas a nós. El contestoulle: ‑ ¡Ai tamén de vós, os xuristas, porque botades enriba dos homes fardos insoportables, e vós nin cun dedo os tocades!
Comentario
Xesús non está a criticar que os fariseos cumpran coas prácticas relixiosas, como pagar o décimo, nin que os xuristas fagan cumprir a lei. O que critica e que as normas e as leis estean por diante da verdadeira xustiza sostida no amor de Deus. Critica que esteamos tan pendentes das aparencias, de ocupar postos relevantes e destacados, de cumprir preceptos baleiros de sentido, sen afondar no precepto do amor. A Xesús, o que lle importa, é como xeramos vida ao noso redor a través do amor. Somos bendicidos con dons por Deus para poder alcanzar a nosa plenitude e a de canto nos rodea.
A Lei xudía era moi estrita con todo o que se consideraba impuro ou contaminante, sempre referido ao que entraba dende fóra e non tanto ao que había dentro das persoas. Mais, contamina todo o que nos aparta da lei do amor de Deus, esa que nos leva á compaixón, ao perdón, a non sentírmonos superiores nin mellores que os demais, a compartir, acoller, acompañar. Cada quen ten que buscar dentro de si eses dons e saber poñelos a disposición dos demais en vez de pedirlles a outros cargar con cruces que non somos quen de soportar.
Para reflexionar
Ás veces preocupámonos demasiado por facer as cousas ben por fóra e esquecemos o que levamos dentro. Hoxe podemos preguntarnos se as nosas palabras e accións transmiten realmente respecto, bondade e xustiza. Un pequeno xesto de comprensión, unha axuda desinteresada ou unha palabra amable poden transformar o día de alguén.
Oración
Señor, axúdanos a vivir con sinxeleza e coherencia e a tratar aos que nos rodean con amabilidade, respecto e xustiza, sobre todo nos pequenos xestos de cada día.








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















