Para orar cada día
28ª Semana del Tiempo Ordinario
Jueves 15 de octubre de 2026. Festividad de Santa Teresa de Ávila
Comentarios preparados por el grupo de voluntariado de la parroquia de Mandiá (Ferrol)
«Achegádevos a min todos os que estades cansos e oprimidos, que eu vos aliviarei»
Matero 11, 25-30
Naquel tempo dixo Xesús: ‑ Bendito sexas, meu Pai, Señor do ceo e mais da terra, porque lles escondiches estas cousas ós sabios e ós prudentes e llas revelaches á xente humilde. Si, meu Pai, bendito sexas por che agradar iso así. Meu Pai ensinoume todas as cousas e ninguén coñece ó Fillo agás o Pai, nin coñece ó Pai agás o Fillo e aquel a quen o Fillo llo queira revelar. Achegádevos a min todos os que estades cansos e oprimidos, que eu vos aliviarei. Cargade co meu xugo e aprendede de min, que son bo e humilde de corazón e atoparedes acougo para as vosas almas; porque o meu xugo é livián e a miña carga lixeira.
Comentario
Mateo convídanos a descubrir que a vida non se sostén só co esforzo, control ou preocupación constantes. Xesús fala dun camiño de confianza, sinxeleza e descanso interior. Non promete unha vida sen dificultades, pero si unha maneira diferente de afrontalas, sen cargar nós con todo, contando coa forza do Pai/ Nai que nos coñece e guía. Sen esquecer a Santa Ruah, vento de xustiza e consolo para tódolos cristiáns. Na vida cotiá, isto pode traducirse en aprender a pararse, pedir axuda cando a necesitemos, non volvernos intolerantes e tratar aos demais con humildade e paciencia.
Lémbrasenos que as cousas importantes requiren paciencia, serenidade e un corazón aberto porque as présas e as aparencias conducen á superficialidade. Como cristiáns temos que fomentar a humildade, abaixarnos, como fixo María, para non ver aos demais dende arriba. Esta é a prudencia que se nos pide.
A cultura e o coñecemento tamén enriquecen o espírito pero non bastan para entender ás persoas. Hai que poñer máis corazón nas nosas mans para facer un entorno sostible e humano.
Para reflexionar
Preguntémonos que cargas estamos levando innecesariamente. Queremos ter sempre o control? Sabemos delegar e confiar? Talvez precisamos descansar, perdoarnos algunha fraxilidade ou compartir o que nos preocupa? A invitación de Xesús é sinxela: confiar, camiñar sen tantas présas e deixar espazo para a paz no medio das dificultades.
Oración
Señor, axúdame a vivir con confianza, a soltar o que non podo controlar e a confiar no sopro da Ruah para levar cada día con serenidade, esperanza e corazón aberto.








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















