Para orar cada día

29ª Semana del Tiempo Ordinario
Domingo 18 de octubre de 2026. Festividad de San Lucas
Comentarios preparados por Óscar Fernández, sacerdote diocesano

«Pois logo dádelle ao César o que é do César e a Deus o que é de Deus»

Mateo 22, 15-21

Entón os fariseos fóronse reunir para veren o xeito de pillalo nalgún dito. E mandáronlle algúns dos seus discípulos e dos partidarios de Herodes, que lle preguntaron: —Mestre, sabemos que es sincero: que ensinas o verdadeiro camiño de Deus e que non andas con miramentos, porque non te deixas levar polos respectos humanos. Dinos, logo, que che parece: está permitido pagarlle o tributo ao César ou non? Xesús, catando a malicia, contestoulles: —Por que me queredes comprometer, hipócritas? Mostrádeme a moeda do tributo. Eles presentáronlle un denario. E el preguntoulles: —De quen é esa imaxe e esa inscrición? Contestáronlle: —Do César. Entón replicoulles: —Pois logo dádelle ao César o que é do César e a Deus o que é de Deus.


Comentario

Que distinto é cando facemos unha pregunta desde a dúbida sincera a cando preguntamos “para pillar”, con mala idea. Para aqueles fariseos, Xesús xa estaba sentenciado. Só buscaban escusas. Con todo, Xesús aparece sempre como aquel que é verdadeiramente sabio, que sabe ir máis alá das dúas alternativas cerradas, neste caso ou pagar ou non pagar. Xesús é certo que a veces nos pon adversativas irresolubles: ou se sirve a Deus ou se sirve aos cartos. Pero neste caso, dise, pagar a Deus e ao César, pero a cada un o que lle corresponde. No fondo é doado pagar ao César unhas moedas, pero devolver a Deus o que lle corresponde… non é tanto. Esta pasaxe serviu para fundamentar a separación entre a autoridade espiritual e a temporal, así como a separación de Igrexa e Estado. Un bo cidadán ten que pagar impostos e contribuír ao ben común, incluso cando se trata dun sistema que non é completamente adecuado (o César é un idólatra ávido de poder), pero sobre todo é fundamental dar a Deus o que lle corresponde, sabendo que sempre seremos debedores do seu amor. 


Para reflexionar

Eu cumpro coas miñas obrigas civís? Cumpro cos meus deberes relixiosos? E máis alá, busco darlle a Deus o que espera de min? Ou confórmome co mínimo. 


Oración

Señor, que nunca opoñamos o que non se debe opoñer, pero que tampouco poñamos todo ao mesmo nivel. Fainos teus fillos bos, para poder ser tamén bos cidadáns.